Dragal ten a todos os cabaleiros da súa orde a pleno rendemento. A Fraternidade do Dragón da Cañiza amósanos no seu blog da biblioteca como van facer para manter viva a lenda do Dragón e espertar a curiosidade nos dragaliños/as polo patrimonio inmaterial e a maxia do noso día a día que fica agochada para os non curiosos.
10/28/2013
10/14/2013
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE
Guía de lectura da Editorial Xerais sobre a novela de Xabier Pérez Docampo para traballar co voso alumnado.
Web do escritor AQUÍ
Web do escritor AQUÍ
6/12/2013
5/09/2013
CARTAS DE INVERNO
Guía de lectura para achegarte á novela de misterio de Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno, da editorial Xerais.
3/06/2013
MADE IN GALICIA
Guía de lectura de Made in Galicia, de Sechu Sende, que atoparedes no Slide e que fixo Xosé María Moreno Villar.
12/24/2012
LENDO DRAGAL
![]() |
| Da web dragal.eu |
A triloxía de Dragal é moito máis ca unha viaxe fantástica ao mundo dos dragóns e todos os poderes que a escritora lle quixo atribuír.
Se fiamos máis fino podemos descubrir boa parte da historia de Galicia dende os primeiros séculos ata a Idade Media. Son moitos os elementos históricos, pero ben dosificados e sen relentizar a lectura, que nos dan acceso a este coñecemento: os cabaleiros da Orde de Dragal (ou de Santiago), as orixes do reino Suevo e a adoración pagá a un ser máxico e todopoderoso: o dragón, a chegada do cristianismo e da evanxelización (Martiño Dumio), a morte e traslado dos restos do Apóstolo Santiago, o papel da Raíña Lupa na historia de Santiago, asistimos a clases de alquimia, arquitectura, astronomía ou medicina e ficamos sorprendidos unha vez máis do papel decisivo que xogan as mulleres en moitos momentos importantes da nosa historia sen perder o fío da lectura.
Hai algo especial neste libro que nos ten cativos, as ansias de saber máis cousas da historia de Dragal, pero tamén da nosa historia.
A conto disto, penso que aínda podemos ler o libro cuns lentes diferentes e interpretar a homenaxe que a autora fai ao dragón, un ser diferente, que foi perseguido e dominado ata case facelo desaparecer, como unha metáfora da nosa cultura. Hoxe máis ca nunca a nosa marca de identidade cultural, a nosa lingua, fica perseguida en silencio. Esta é a ferramenta máis poderosa, o silencia, a indiferencia, en Galicia poucos defende o noso, ese algo especial que nos caracteriza. Unha vez máis ficamos sometidos e encadeados como Hadrián dentro do seu cuarto, sen forza para pronunciar palabra, sen alento nin enerxia para expresar o que sentimos. Parece que tiveramos a pel impregnada co zume da submisión milenaria que vivimos dende a Idade Media e da cal non acabamos de desprendernos.
No libro fálase de como a igrexa intentou desfacerse de todos aqueles símbolos que caracterizaban a cultura pagá que os nosos antergos defendían, porque os crían seres diabólicos. Pero a pregunta é esta: credes que conseguiron liberarnos dese “inferno”, como di don Xurxo ao referirse ao templo de Dragal e ao subsolo?
Eu creo que no noso mundo segue habendo seres diabólicos ou monstros, moito máis poderosos que os das lendas e sobre todo, máis reais e daniños para todos nós.
Moita xente fica perdida no labirinto da vida, pero desta vez non hai ningún nobelo máxico nin ningún puñal máxico que nos axude a vencer á besta e saír do xogo de carreiros.
Persoalmente o final decepcionoume, debe ser porque fico decepcionada na vida por moitas cousas ou porque a mentira me produce indixestión e anoxo. Como permanecer inócuos ao veleno da falsidade, da arrogancia e da falta de sentimento da xente coa que te vas cruzando ou que tenta dirixir este país? Está difícil, e como anuncia Elena Gallego na súa novela un novo tempo é chegado ou como din os maias a fin dun mundo é chegado.
12/04/2012
BOOKTRAILER DE DRAGAL
O booktrailer da triloxía do dragón presenta as novelas desta saga de ficción.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

