4/11/2016

DARAGAL NAS XORNADAS DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS EDUCATIVAS

Grazas ao CAFI e a Carlos Rodíguez por permitirme compartir con colegas de distintos centros o Proxecto de Dragal. Leva tres cursos a se desenvolver en centros de educación secundaria de Galicia grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Xulia Marques, que confiou na maxia do noso dragón o día que lle presentamos a proposta.

Como docente sempre é un premio que recoñezan o teu labor, pero tamén é o pulo necesario para seguir creando actividade e proxectos que ilusionen e enriquezan o proceso de ensinanza e os alumnos e alumnas.

 

1/17/2016