2/01/2017

NA PROCURA DOS SABIOS

Este curso 2016/2017 o formulario para buscar os sabios das fraternidades de Dragal déixoo neste blog, porque aquí comezou o proxecto Dragal, por se tiverades algún problema coa ligazón que vos enviei.


4/11/2016

DARAGAL NAS XORNADAS DE INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS EDUCATIVAS

Grazas ao CAFI e a Carlos Rodíguez por permitirme compartir con colegas de distintos centros o Proxecto de Dragal. Leva tres cursos a se desenvolver en centros de educación secundaria de Galicia grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Xulia Marques, que confiou na maxia do noso dragón o día que lle presentamos a proposta.

Como docente sempre é un premio que recoñezan o teu labor, pero tamén é o pulo necesario para seguir creando actividade e proxectos que ilusionen e enriquezan o proceso de ensinanza e os alumnos e alumnas.

 

1/17/2016

VENTO FERIDO

A orbra de Carlos Casares, Vento ferido, unha nova ollada. Grazas a alumnado de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra.

A RETALLEIRA

Blogue para descargar libros en galego 

 PREME AQUÍ


11/03/2015

NOITE DE VORACES SOMBRAS

Análise da obra feita por un internauta que comparto convosco como axuda para a proba de lectura.

LIGAZÓN da Galipedia con información sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

 

9/04/2015

O GRAN REINO


O Gran Reino é unha novela no que se mestura o mundo da fantasía cun tema tan duro e real como o da anorexia.

A protagonista, Gala, unha adolescente de mente prodixiosa e lectora compulsiva, foxe do mundo real no que non se sente nada cómoda para habitar nunha dimensión que ela constrúe, Margonia, na cal é posible vivir sen probar nin bocado.

O illamento dos amigos e da familia e a súa continua perda de peso fan que os seus pais tomen medidas e acabe nun psiquíatrico, encerrada e botándolle un pulso á doutora que a leva e que tenta descifrar os fíos que teñen atrapada no labirinto da terceira dimenión.