Deixo o enlace para que poidades acceder a esta actividade interactiva sobre a obra de Neira Vilas que atoparedes no blog de Rexexer.com de Xano Cebreiro.
11/30/2012
RUÍDO, RELATOS DE GUERRA
Deixo a UD elaborada por Román Landín para que poidades quitarlle partido á lectura de Ruído, de Miguel Anxo Murado.
PRADOLONGO
Abaixo tedes unha guia de interpretación e traballo da película de Rubén Riós, PRADOLONGO, feita por Luciano Fernandez.
11/29/2012
Taboleiro Dragaliño
Xa temos taboleiro!
Só precisades uns dados, aínda que con un é abondo, e unhas fichas. Sería ideal que conseguirades uns dragonciños de cores, senón creádeos con cartolina.
Podedes xogar en grupos de cinco ou a nivel de grande grupo se sodes poucos.
Só precisades uns dados, aínda que con un é abondo, e unhas fichas. Sería ideal que conseguirades uns dragonciños de cores, senón creádeos con cartolina.
Podedes xogar en grupos de cinco ou a nivel de grande grupo se sodes poucos.
11/23/2012
A AMBIENTACIÓN EN DRAGAL II
Nesta novela a escritora fai que os
personaxes se sintan abafados, desacougados e nerviosos pola
incertidume que lles produce non saber que vai ocorrer (medo ao
descoñecido) ou o tipo de atmosfera na que se moven.
A néboa, a choiva, o frío, o
continuo e monótono ruído da pinga, o fume, o po ou o bafo, entre
outros, son elementos que lle permiten á autora dominar aos
personaxes, que non poidan moverse con claridade, telos sometidos a
unha presión que os empurra cara un único obxectivo, axudar a que
se cumpra a profecía.
A
sensación de presión, á cal non fica alleo o lector, recréase ao
mesmo tempo con estruturas sintácticas paralelísticas e anafóricas
(Ex.: “Por unha vez na súa milenaria existencia o dragón...” e
“Por unha vez na súa milenaria existencia, Dragal...”, páxs. 41
e 43 ou “Frío, frío, frío...”, páxs. 83, 84, e 85);
repeticións léxicas de termos como pedra,
profecía,
dragón,
maxia,
poder,
segredo,
cabaleiros,
metamorfose,
entre outras, ou coa insistente ladaíña que herdamos do primeiro
libro e se reproduce en varias ocasións (Ex.: “Chegará
o día en que o fillo do dragón recupere o poder arrebatado ao pai e
libere as forzas telúricas. A profecía cumprirase
na entrada do terceiro milenio, cando a terra premie o enviado outorgándolle as claves da Ciencia Secreta”).
Reparade nalgunhas das frases do libro:
“E para escorrentar aquel meigallo
botou man á pía de auga bendita persignándose unha e outra vez...”
188
“O home volveu sobre os seus pasos
deixando ás costas o eco daquela insistente pingueira que tardaría
en sacar dos miolos.” (páx. 270).
“Mentres camiñaba polo carón da
igrexa podía sentir, cravados nas costas, os ollos de todas e cada
unha das imaxes que albergaba a parroquia” (páx. 203)
“O mundo visto a través do bafo que
toldaba o vidro da súa fiestra seguía exactamente igual que unha
semana atrás. Ou case.” (páx. 295)
“Unha feble corrente de ar
anuncioulle unha presenza ás costas.” (páx. 238)
“A moza podía percibir
perfectamente a forza da súa ollada cravada na caluga.” (páx.
238)
11/22/2012
UD DRAGAL II
Avanzamos na lectura da Metamorfose do dragón. Xa tedes na páxina de DRAGAL II deste blog as actividades sobre o libro.
A TRABALLAR!!!
11/20/2012
A WEB DE DRAGAL
![]() |
| da web de Elena Gallego |
Accede á web de Dragal e infórmate das novidades da triloxía do dragón que escribiu a xornalista Gallego Abad.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

