DRAGAL II

ACTIVIDADES


ANTES DE LER O LIBRO

1. Escribe ou grava* un resumo rápido do que aconteceu no primeiro libro, A herdanza. Agora, escribe ou grava o que cres que vai ocorrer no segundo libro, A metamorfose.

  *Para gravar recorda que podes usar o programa libre Audacity ou senón algunha aplicación web como o Vocaroo.

DESPOIS DE LER O LIBRO

2. Xogade coa Xincana de dragaliños. Recorda que o ouroboros non ten fin, daquela ti dá voltas durante o tempo que estableza o docente para a actividade conseguindo o maior número de respostas correctas.



Como sabedes nas presentacións feitas con Impress non podemos incrustar o audio. Por este motivo déixovos o enlace ao arquivo no que podedes descargar a presentación e o audio. 

CONSEGUE O ARQUIVO ZIP

Taboleiro de xogo.




3.  Ponlle orde á historia





4. Non che entra curiosidade de saber algo máis sobre os datos históricos que introduce Elena Gallego nesta novela que supón unha homenaxe ao último dragón da nosa histoira? Pois abre a presentación.



 5. O Léxico da novela. Xoga para aprender novas palabras.




Corrector da actividade anterior para o docente


6. Agora indaga como escribe o texto a autora, cales son os recursos cos que engalana a historia. Accede á actividade no documento de abaixo ou descarga aquí.



7. UNHA DE ESTRELAS. Podes ver na seguinte presentación as estrelas, planetas e galaxias coas que Dragal se guía. Cando sexa noite, búscaas no ceo e comproba se están aliñadas dalgunha forma. Accede ao programa Stellarium (no Ubuntu tes este programa na galería de recursos) e introduce a localización espacial na novela para poder ver tamén estas costelacións e saber como se chaman. Busca tamén as referencias mitolóxicas sobre cada unha das constelacións.

PRSENTACIÓN




8. NÓS ESCRIBIMOS. Colle as tres palabras que definen ao Gran Mestre da Orde de Dragal e escribe un pequeno relato. Non ten por que estar relacionado coa novela.
   
SABEDORÍA
FORZA
SEGREDO

Ningún comentario:

Publicar un comentario